ITINERARIOS
PROFESIONAIS

Porque crecer es una actitud.

Crecer é unha actitude. A definición, deseño e implantación de itinerarios profesionais é un obxectivo estratéxico para a área de xestión de persoas, un obxectivo que implica un reto na selección da metodoloxía, modelo de planificación, control e seguimento máis adecuado para que se adapte aos valores e cultura da organización.

Por que investir en “Itinerarios Profesionais”?

  • Permite coñecer os requisitos de acceso e permanencia a cada posto na organización. Deseño da ficha de posición.
  • Impulsa a autoformación ao facilitar ás persoas as competencias, coñecementos e habilidades necesarias para o acceso e/ou promoción a un posto.
  • Corresponsabiliza no desenvolvemento profesional a empresa e empregado/a.
  • Fortalece a retención do talento ao facilitar a empregabilidade e mobilidade interna.
  • Facilita, nos procesos de selección, a incorporación dos mellores candidatos ao amosar a cultura e política do desenvolvemento profesional existente na organización.
  • Inclúe mecanismos de postulación que facilitan por procesos de selección internos.
  • Mellora a xestión dos colectivos de potencial.
  • Clarifica os procesos de selección, promoción e recoñecemento interno.

EEn CRESCIT Capital Humano implantamos plans de carreira tanto a nivel vertical coma horizontal, facilitando mapas e solucións que impulsan o compromiso e o orgullo de pertenza de todos os membros da organización.

Necesítanse máis razóns?

SOLICITA MÁIS INFORMACIÓN