XESTIÓN INTEGRAL
DE FORMACIÓN
Porque todo comeza no saber

En CRESCIT Captial Humano entendemos a formación unicamente como un investimento, como un elemento esencial para o cumprimento dos obxectivos estratéxicos das organizacións, para o impulso da súa competitividade e o desenvolvemento persoal e profesional dos seus compoñentes.
OS NOSOS SERVIZOS DE XESTIÓN FORMATIVA ESTRUTÚRANSE EN DÚAS ÁREAS:
Plan estratéxico de Formación. Deseño, implantación e seguimento.
O Plan estratéxico de Formación é un fito chave en toda área de xestión de persoas; maximizar a rendibilidade do investimento precisa unha xestión profesional, sistemática e proactiva. CRESCIT facilita servizos especializados en todas as fases do proceso garantindo a máxima calidade e cumprimento dos obxectivos:
Detección de necesidades formativas asociadas aos obxectivos estratéxicos anuais.
Análise de priorización de necesidades por área en función de recursos económicos e humanos.
Identificación de materias metodolóxicas formativas.
Deseño de accións e planificación de impartición.
Plan de comunicación interno.
Xestión integral das bonificacións á formación. Recuperación de ata o 100% do investimento.
Avaliación de satisfacción e transferencia ao posto
Informe de retorno do investimento (ROI).

Plan de Formación por Posto (P.F.P.)
Deseño e implantación do plan de formación asociado a cada posición existente no mapa de postos da organización; o seu deseño realízase en base á análise das competencias, coñecementos e habilidades necesarias para o desempeño das funcións atribuídas aos postos obxectivo.
O P.F.P. é unha ferramenta fundamental para a implantación de procedementos e políticas en materia de capacitación e desenvolvemento, como o deseño dos itinerarios profesionais ou o modelo de sucesión.