CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DE
CRESCIT Capital Humano

crescit.es

CRESCIT Capital Humano (en adiante CRESCIT) con domicilio en Rúa Bolivia 3, 1º dereita representado por Marcos Lorenzo Calvo con NIF 44806538 P pon a disposición no seu sitio web crescit.es determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de CRESCIT por parte dos USUARIOS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expóñenselle ao USUARIO no sitio web crescit.es en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que se produza esta aceptación.

O acceso ao sitio web de CRESCIT implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que se achegan no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO.

1.1.- A utilización do sitio web de CRESCIT non leva a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO, agás se este USUARIO desexa utilizar a base de datos de artigos existentes en crescit.es, onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico, esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneran a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual, etc., expresamente CRESCIT prohibe os seguintes:

1.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas de CRESCIT ou a terceiros.

1.1.2.-Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos ("spaming") ou envío de grandes mensaxes a fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing").

1.2.- CRESCIT poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais- ver cláusula quinta.

SEGUNDA.- CONTIDOS

Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por:

2.1.- CRESCIT utilizando fontes internas e externas de tal modo que CRESCIT unicamente se fai responsable polos contidos elaborados de xeito interno.

2.2.- Terceiros alleos a CRESCIT, ben mediante colaboracións directas no sitio web, ben presentes a través de hiperenlaces ou links a outros sitios web ou a noticias doutros sitios dos que non é titular CRESCIT. CRESCIT en ningún caso será responsable dos contidos así introducidos e non garante o correcto funcionamento de todos estes links ou hiperenlaces.

O usuario que desexe establecer un hiperenlace no seu sitio web ao sitio web de CRESCIT non realizará un uso ilegal ou contrario á boa fe das informacións postas a disposición no referido sitio web.

2.3.- CRESCIT resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

TERCEIRA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA.

Queda prohibida a utilización allea por calquera medio da marca de CRESCIT, que inclúe tanto o nome coma o logotipo, agás consentimento expreso de CRESCIT. Quedan reservados todos os dereitos.

Ademais, o sitio web de CRESCIT -os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web- atópase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos agás consentimento expreso de CRESCIT.

CUARTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICABLE

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de A Coruña, renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

QUINTA:

En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. CRESCIT poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento, o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos agás recoñecemento expreso por parte de CRESCIT.