HABILIDADES
PROFESIONAIS
Porque a diferenza está no como
Como nos comunicamos, como nos interrelacionamos, como tomamos decisións e resolvemos conflitos, como diriximos equipos, como xestionamos os cambios… as organizacións diferéncianse polas persoas que as integran, polos equipos que as constitúen e, por conseguinte, polas habilidades e competencias que diariamente se poñen en práctica cos clientes internos e externos.
Investir en capacitación de habilidades profesionais é investir en diferenciación, en xerar valor engadido a empresas, equipos e persoas.
En CRESCIT Capital Humano, creamos unha metodoloxía específica, [H4], que xera ese valor, que impulsa a diferenciación e o desenvolvemento organizacional e persoal.
METODOLOXÍA
Pre Acción
Estudo do punto de partida da habilidade en 3 niveis: grao de madurez, estilo persoal, frecuencia e entorno de uso.
Formación
Asistencia ás xornadas formativas presenciais deseñadas en base aos resultados obtidos na fase de Pre Acción.
Acción
Activación Programa de Desenvolvemento de Habilidade Individual (PDHI) integrado por:
- Informe Persoal de Desenvolvemento.
- Plan Persoal de Implantación
Resultados
O Sistema Integrado de Análise facilita un informe unificando os resultados obtidos en:
- Avaliación de satisfacción e transferencia.
- Retorno de investimento.
ESTRUCTURA DE SERVIZOS
Porque cada empresa é única e cada persoa é única, as nosas solucións tamén o son; por iso non dispomos de catálogos xenéricos de accións, por iso as nosas solucións achegan o valor real esperado.
DESTINATARIOS
En CRESCIT Capital Humano enfocamos a nosa metodoloxía e servizos de desenvolvemento de habilidades diferenciando as necesidades de:
Persoas
Sesións de desenvolvemento individuais.
Equipos
Técnicos e de Alto Rendemento.
Mandos Intermedios
Accións ad hoc en habilidades xerenciais.
Directivos/as
Plans a medida baseados nas competencias executivas.